Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 73 ata 78 de 179 elementos

<< Anterior 1 ... 5 6 7 8 9 10 11 12 1314 15 16 17 18 19 20 21   ... 30 Seguinte >>

Cea de nadal

Xoan Mariño - 21/12/2019
Ver noticia

Prezados socios/as de Terra de Outes: O próximo sábado 21 de decembro terá lugar a tradicional cea de Nadal de Terra de Outes, no restaurante de Casa Peto, do Cruceiro de Roo.
O menú, de 30 € por persoa, está composto por
  1. Entrantes: Tosta de xurel mariñado, Paté de peixe e unha vieira
  2. Merluza en caldeirada ou xarrete con verduras
  3. Postre, Café e chupiños
Se estás interesado/a en asistir, comunícanolo ( e se vas vir acompañado /a) antes do día 18 de decembro neste correo ou no teléfono 634 416 574.
Xoán Mariño

Presidente de Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Invitación presentación do libro de Abel Tomé: A NOITE DO LOBO

Xoan Mariño - 21/12/2019
Ver noticia

En adxunto, invitación para a presentación do libro A NOITE DO LOBO de Abel Tomé, que terá lugar o próximo sábado, 21 de decembro.

Xoán Mariño

A.C.C. Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Inaguración novo local

Xoan Mariño - 19/10/2019
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:     O próximo sábado 19 de outubro, inauguramos novo local social no antigo colexio do Cruceiro e a nosa Asociación para celebralo organiza unha comida en cuxa sobremesa se presentará a revista nº 48 de Terra de Outes.      Se desexades acudir debedes apuntarvos neste enderezo electrónico ou no teléfono 634416574 antes das 10 da noite do xoves, 17, indicando se ides asistir con algún acompañante. O precio por persoa vai estar en torno aos 15 €  (menores de 18 a metade e menores de 14, 5 €).       Se alguén non pode acudir á comida, pero lle interesa asistir á presentación da revista, esta farase ás 5 da tarde aproximadamente e todos/as que acudades a ela, estades invitados/as a tomar un café con nós.       En todo caso recibide un afectuoso saúdo.       Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Travesía en barco,

Xoan Mariño - 31/08/2019
Ver noticia

Prezados socios/as de Terra de Outes:
O vindeiro sábado 31 de Agosto a nosa Asociación organiza unha subida en barco e a remos polo Tambre, saíndo do Freixo ás 11:30 .
Quen desexe participar debe levar comida e bebida para comer na Central do Tambre.
Hai 14 prazas dispoñibles. de haber máis solicitudes que prazas a orde de inscripción é a seguinte: soci@s terra de Outes, soci@s culturmar, invitad@s destes dous colectivos e orde temporal da solicitude nesta conta Terra de Outes ou mar de Outes (Wasap)
Depéndese das condicións meteorolóxicas para realizar a actividade, polo que se avisará xoves da decisión.
Aínda que xa fixerades a inscrpción,  volvede enviar a solicitude para facilitar o reconto.
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

invitación que nos manda Santi Llovo para a presentación do seu novo libro

Xoan Mariño - 22/08/2019
Ver noticia

En adxunto, invitación que nos manda Santi Llovo para a presentación do seu novo libro, mañá, xoves,22, no Freixo.
Xoán mariño
 
[...]
      Ler máis...

Homenaxe ao combatente republicano Manuel Otero

Xoan Mariño - 17/08/2019
Ver noticia

Prezado socio/a de Terra de Outes: En arquivo adxunto envíoche envitación para o acto que se vai celebrar o próximo sábado día 17 de agosto ás 12 da mañá ao pé do monumento ás vítimas do franquismo do Freixo-Outes en homenaxe ao combatente republicano Manuel Otero, natural de Outes, morto o 6 de xuño de 1944 no desembarco de Normandía.

Agardamos contar coa túa presenza.  Un saúdo.

DESCARGAR INVITACIÓN

Xoán Mariño

[...]
      Ler máis...


<< Anterior 1 ... 5 6 7 8 9 10 11 12 1314 15 16 17 18 19 20 21   ... 30 Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574