Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 91 ata 96 de 103 elementos

<< Anterior 1 ... 8 9 10 11 12 13 14 15 1617 18     Seguinte >>

VI MUIÑADA

Xoan Mariño - 13/09/2014

VI MUIÑADA
Os días 29, 30 e 31 de agosto celebrouse a VI Muiñada de Terra de Outes, unhas xornadas culturais que que a nosa Asociación ven convocando desde o ano 2007, que nesta ocasión xiraron en torno á botadura de dúas embarcacións tradicionais –un bote de Noia e unha buceta de Muros– doadas a Terra de Outes pola Consellería do Medio Rural e o Mar o pasado mes de agosto.
Así, no Centro Náutico Municipal do Freixo tiveron lugar a inauguración dunha exposición de fotos tomadas durante “O XI encontro de embarcacións tradicionais de Galicia” e varias charlas de temática mariñeira: O patrimonio marítimo galego, a cargo de Víctor Fernández, membro da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial; Os escritores galegos do mar, polo escritor Francisco Fdez. Naval; A formación en carpintaría de ribeira no Estado español, por Enrique Otero, director do Centro de Formación "A Aixola", na que se contruíron as nosas embarcacións; e, por último Os estaleiros de Outes, polo investigador e escritor outense Xan F. García Suárez. 
Realizouse tamén, no cemiterio de Sabardes, un acto de homenaxe ao mariñeiro orixinario de Catasueiro, Manuel Otero, no 70 aniversario da súa morte durante o Desembarco de Normandía.
E, finalmente, culminou esta muiñada, coa botadura de ambas embarcacións, acto ao que asitiron o Presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Manuel G. Sendón, o alcalde de Outes, Carlos L. Crespo e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Fernández, que pronunciaron unhas palabras de ánimo a iniciativas como a nosa. Pola súa parte, Xesús Mato, portavoz da nosa Asociación, ademais de agradecer á Consellería a doación, fixo un chamamento aos veciños de Outes a participar na utilización e disfrute de ámbolos dous barcos. A continuación, as madriñas, unha a propia Directora Xeral e outra, a moza freixana Antía Martínez, en representación do voluntariado que fixo posible o Encontro celebrado o ano pasado neste mesmo porto, procederon a bautizar con viño galego cadansúa embarcación, de nome Támara, a primeira, e Langaño, a segunda, mentres o grupo de Pandereteiras do Freixo, animou musicalmente o acontecemento, tralo cal ambas naves emprenderon a súa singradura, que desexamos sexa longa e feliz.
[...]
      Ler máis...

VI Muiñada

Xoan Mariño - 26/08/2014

Por un descoido imperdonable temos que facer un cambio obrigatoriamente na programación do domingo.
O erro foi non prever o descenso da marea para a hora programada da botadura. En Noia xa sei que a baixamar deixa en seco o leito do mar, pero non me imaxinaba que no Freixo pasase algo parecido. Así que a ceremonia da botadura debémola retrasar ata as 7 da tarde, xunto coa actuación musical.
mándoche o novo programa en arquivo adxunto para facer o cambio na páxina da Asociación
Sinto o trastorno.
[...]
      Ler máis...

Exposición Pepa nieto

Xoán X. Mariño - 14/07/2014
Ver noticia

Fotos da exposición da escultora Pepa Nieto que a Asociación Terra de Outes inaugurou a semana pasada na Casa da Cultura de Outes. No acto interviron o presidente da Asociación, Xoán X. Mariño,  para presentar a esta artista outense, pero residente en Madrid, onde ademais se labrou unha merecida sona como escritora cunha abondante obra poética en castelán. Logo falou o profesor, tamén natural de Outes, José Luis Molinos que fixo un demorado percorrido pola escultura galega, desde as orixes castrexas ata os esculrtores actuais como Leiro ou Emilio Mariño, pasando polo Pórtico da Gloria de Santiago, Gregorio Fernández e os noises Felipe de Castro e Ferreiro, para finalmente referirse ás formas, os contidos e os símbolos que encerran as pezas da nosa poeta-escultora.
Espero que che sirvan para poñer na Páxina de Terra de Outes .
 
Xoán X. Mariño
 
 
[...]
      Ler máis...

Exposición

XOÁN X. MARIÑO REINO Presidente da A.C.C. Terra de Outes - 11/07/2014
Ver noticia

Comprácese en convidar a vde. á inauguración da exposiciónForza, espacio, tempo da escultora outense Pepa Nieto Busto.

Acto que terálugar o venres, 11 de xullo, na Casa da Cultura da Serra, ás 8 da tarde e no que intervirán o profesor José Luis Molinos Vidal e a propia autora.

[...]
      Ler máis...

Acto en carnota

Xoán X. Mariño - 27/05/2014
Ver noticia

Prezados amigos e amigas:
Un compañeiro de Carnota invítanos a un acto o próximo sábado, día 7 de xuño nesa localidade. E se podedes facer chegar o convite aos vosos coñecidos e coñecidas, serán todos/as ben recibidos/as. O texto da mensaxe é o seguinte:   "IV enarborar o bosque" Os colectivos artísticos Arteu , e Factoría delideas, queremos convidar a toda a veciñanza e asociacións do Concello de Carnota, a que participedes con nós nunha romaría artístico reivindicativa , que terá lugar o vindeiro sábado 7 de Xuño, durante todo o día, na praia de Boca do río ( Carnota ). A nosa intención é convocar a artistas e público en xeral a que se sumen a este acto en defensa da natureza, que como cada ano, convocamos para reivindicar a protección do noso medio, facéndoo en datas próximas ao día internacional do medio ambiente. Este ano eliximos o concello de Carnota, para denunciar os lumes que de xeito reiterado, se producen non só nesta zona, se non tamén en todo o territorio galego. Contaremos coa participación de pintores, escultores, fotógrafos, actores e músicos, nunha convivencia artística, dende a que denuciaremos o maltrato ao que é sometido o noso monte, e farémolo con música, arte e poesía. A participación é libre e estades todas e todos convidados, e se alguén quere participar activamente con algunha actividade artística que se poña en contacto con nós para organizar os tempos. Para o público en xeral, basta con que vos presentedes na romería cos vosos xantares e desfrutedes con nós dun dia de arte ao aire libre. Sen máis e agardando que esta proposta sexa do voso interese"   Podedes ver manifesto e cartaz do evento en www.enarborarobosque.org Recibide un cordial saúdo.
Xoán X. Mariño

ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Cea republicana

Xoán X. Mariño - 02/04/2014
Ver noticia

Benqueridos amigos/as,  
O vindeiro sábado 5 de abril de 2014 a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza para conmemorar o día da República, vai organizar algúns actos que inclúen unha exposición, un coloquio e unha cea no Restaurante Jenaro de Ribeira, no transcurso da cal se outorgará o nomeamento de "Figura Repúblicana do ano" a Sons e Visións, tralo cal se proxectará un avance do documental no cal a Comisión está traballando.  
Adxúntase o cartel dos actos, nos dita Comisión que agarda contar coa vosa presencia. Os/as interesados en asistir ademais á cea, deben apuntarse no teléfono 646097453 de Adrián Romay, Presidente da CRMH.
 
 É primavera en Noia e as noites pronto serán longas minas de diamantes (Na memoria de Antón Avilés no seu 21 cabodano). Recibide un cordial saúdo de

Xoán X. Mariño.

[...]
      Ler máis...


<< Anterior 1 ... 8 9 10 11 12 13 14 15 1617 18     Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574