Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 121 ata 126 de 189 elementos

<< Anterior 1 ... 13 14 15 16 17 18 19 20 2122 23 24 25 26 27 28 29   ... 32 Seguinte >>

Lacoada

Xoan Mariño - 10/02/2018
Ver noticia

Prezado/a socio/a:

Como todos os anos, ao comezo do Entroido, a ACC Terra de Outes celebra unha lacoada, para todos os socios/as, á cal están tamén invitados os familiares e amigos/as dos que calquera socio/a desexe vir acompañado, coa condición de apuntarse para a mesma con tres días de antelación, para saber coa maior exactitude posible a cantidade de carne que vai ser necesario desalar.

A lacoada vai ter lugar o sábado 10 de febrero ás 22 horas no restaurante Amanda da Serra de Outes e cómpre que confirmes a túa asistencia –e nos digas se vas traer acompañante/s– antes das 21 h. do mércores 7 de febrero, no teléfono 634 416 574 ou no enderezo electrónico terradeoutes@gmail.com.

 

                                              Un cordial saúdo                                          

                                                              Xoán X. Mariño                                     Presidente da A. C.-C. TERRA DE OUTES

                                                      Outes, 4 de febreiro de 2018

 

 

[...]
      Ler máis...

Nova

Xoan Mariño - 04/02/2018
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
Na asemblea anual celebrada o pasado sábado 27 de xaneiro no noso local social acordouse por unanimidade de todos os socios asistentes á mesma apoiar a manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública que terá lugar o próximo domingo 4 de febreiro, ás 12 da mañá na alameda de Santiago, en contra da nova Lei de Saúde que, entre outras cousas, diminúe o orzamento destinado á sanidade pública, consolida menos camas de hospitalización, maior demora na asistencia das urxencias e incrementa as listas de agarda para ciruxía e probas diagnósticas, co obxectivo de poñer a sanidade pública ao servicio das farmacéuticas e fomentar e enriquer a sanidade privada. 
Xoán Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Presentación revista nº 41

Vicente - 31/01/2018
Ver noticia

 

 

[...]
      Ler máis...

Convocatoria Asemblea

Xoan Mariño - 27/01/2018
Ver noticia

Prezados socios/socias de Terra de Outes: En adxunto enviamos convocatoria para a asemblea anual ordinaria que terá lugar o próximo sábado 27 e actas das asembleas anteriores, (1) - (2)  para a súa aprobación, se fose o caso.
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Cea de Nadal

Xoan Mariño - 16/01/2018
Ver noticia

Prezado socio/a de Terra de Outes: O próximo sábado 16 de decembro terá lugar a tradicional cea de Nadal de Terra de Outes, no restaurante Areal.
Se estás interesado/a en asistir, comunícanolo ( e se vas vir acompañado /a) antes do día 10 de decembro neste correo ou no teléfono 634 416 574.
Xoán Mariño

Presidente de Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Presentación do libro SE PEDRA NA BRETEMA de Ramón Blanco

Vicente - 05/01/2018
Ver noticia

 

O día 30 de decembro de 2.017, tiña lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Serra de Outes a presentación do libro "SE PEDRA NA BRÉTEMA" de Ramón Blanco, coas seguintes intervencións no citado acto. Xoán Xosé Mariño, presidente da A. C. C. Terra de Outes Antón Lopo, editor de Chan da Pólvora. Manolo do Río, membro do colectivo Sacou Ramón Blanco, autor do libro. Actuación musical: Pablo Sax.

 

 

 

 

 

 

[...]
      Ler máis...



Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574