En adxunto, invitación para o acto de desagravio ao combatente republicano Manuel Otero, cuxa placa de homenaxe foi roubada do monumento ás vítimas do franquismo.
Diante dun novo plan de creación doutro parque eólico no monte da Pena, e a petición dunha asociación de afectados, remitímosvos un modelo de alegacións que podedes presentar a título individual no Portelo Único de calquera concello, eso si, debe ser antes de 15 días.
Se vos preocupa a conservación do medio ambiente, remitídello a todos os vosos achegados, a ver se damos xuntado 50.000 alegacións para abrumar un pouco aos promotores e os seus cómplices na Consellería de Industria.
O próximo martes, 20 de xullo, ás 12.30, na casa da Cultura da Serra. o músico Rodrigo Romaní e Xoán Mariño, presidente da ACC Terra de Outes, presentan a VIII edición do Noia Harp Fest.
En adxunto, a convocatoria para a churrascada que Terra de Outes organiza o próximo mes de xullo na área recreativa do Liceo de Noia en Ceilán. O prezo por persoa andará entre os 12 e os 15 €.
Na sobremesa presentaremos o nº 55 da revista Terra de Outes.
Fixáte no prazo para anotarte.Se unicamente queres asistir á presentación da nosa revista, non é necesario que te apuntes con antelación e estás invitado/a a tomar un café con nós.
Diante da reducción de prazas educativas (persoal docente e non docente) no colexio da Serra decretada pola consellería de Educación, a nosa Asociación apoia a convocatoria realizada pola ANPA de dito centro educativo para concentrarse diante do colexio mañá xoves ás 8 da tarde contra os recortes na educación.