Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 7 ata 12 de 179 elementos

<< Anterior 1 23 4 5 6 7 8 9 10   ... 30 Seguinte >>

Manifestación na Alameda de Noia

Xoan Mariño - 04/03/2023
Ver noticia

Prezados/as socios e socias:
A Xunta Directiva de Terra de Outes acordou na súa reunión do pasado venres acudir a chamamento da Cofaría de Pescores e Mariscadores de Noia no que : «Convidamos a todo tipo de colectivos a que deixen clara a súa postura. Asociacións, clubs deportivos, comerciantes e cidadanía en xeral. Queremos que estean presentes  na manifestación convocada o próximo 4 de marzo para mostrar a nosa oposición á autorización de verquidos de aguas residuales procedentes da mina de San Finx cun sistema de tratamento que non cumpre cos parámetros mínimos que figuran nas normas de calidade ambiental ".
Polo que unanimemente aprobamos invitar a todos os nosos asociados e asociadas a que mostren a súa total oposición a esta resolución que afecta a bancos marisqueiros dos que viven máis de 1.700 personas acudindo o próximo sábado 4 de marzo á manifestación convocada ás 11 da mañá na Alameda de Noia.
 
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
 
[...]
      Ler máis...

Seminario de Presentación do Proxecto Renatur

Xoan Mariño - 03/03/2023
Ver noticia

Estimados/as socios/as de Terra de Outes:

En arquivo adxunto achego convite e programa para o Seminario de Presentación do Proxecto Renatur_Outes cuxo obxectivo é renaturalizar o tramo fluvial do río Tins, en Outes. Este proxecto, financiado pola Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, celebrará o seu seminario de presentación, que reunirá ás 3 Universidades públicas galegas, ante a cidadanía de Outes o próximo 3 de marzo ás 11:30 h e contará coa asistencia das máximas autoridades universitarias e administrativas, para o cal cómpre confirmar asistencia, nesta mesma conta de correo ou no teléfono 634416574.

Un cordial saúdo,

 

Convite Seminario Renatur

 

Seminario de inicio do proxecto Renatur Outes 3 de marzo de 2023

 

Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Invitación Estaleiro Ciprián

Xoan Mariño - 04/02/2023
Ver noticia

Prezados/as socios/as de Terra de Outes:

O Concello de Outes convídanos á inauguración do Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira "Estaleiro Ciprián", que terá lugar o vindeiro 4 de febreiro ás 12 horas no lugar de Broña, en Outes.

Remítovos o convite en correo adxunto

Un saúdo.

INVITACIÓN

Xoán Mariño

[...]
      Ler máis...

Grupo de teatro afeccionado

Xoan Mariño - 01/02/2023
Ver noticia

Prezados socios/as e colaboradores/as deTerra de Outes:

 

Na asemblea anual celebrada o pasado día 20 de xaneiro, dous socios propuxeron a creación dun grupo de teatro afeccionado, proposta que foi recibida con sumo interese por parte de tódolos asistentes.

 

Polo que, para poñer en marcha a idea, que desde a directiva da Asociación cremos que contribúe a dinamizar vigorosamente a vida cultural do noso concello, animamos a tódolos socios, socias e colaboradores a participar nesta iniciativa tan atractiva como esperanzadora: necesítanse non só actores e actrices, senón tamén persoas que axuden coa maquillaxe, iluminación, son, vestiario, tramoias...

 

Calquera que queira ser participe deste noso novo proxecto que se poña en contacto con Xoán Mariño no tfno 634416574 ou de Carlos Outeiral, no 609437908, ou neste mesmo correo electrónico, nun prazo non máis alá de 15 días para que a primeiros de marzo se poidan empezar a ter as primeiras reunións preparatorias da obra a representar.

 

 

Un cordial saúdo

Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Balance anual

Xoan Mariño - 26/01/2023
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
En arquivo adxunto remito copia do balance anual presentado polo tesoureiro Kiko Vidal á asemblea anual de socios e aprobado por unanimidade.
Na mesma presentación de contas, a Xunta Directiva quixo facer unha aclaración:
a contía da subvención concedida polo Concello de Outes (3.000 €) non se refrexa no balance porque foi comunicada oficialmente á Asociación con data de xaneiro deste ano, xa pechadas as contas do ano anterior, polo que o tesoureiro non considerou convinte incluír tal cantidade na contabilidade do 2022.
A efectos económicos do saldo final o déficit non vai ser dos 3.308,59 € que figuran alí, senón só 308,59, unha vez que recibamos nos próximos días a subvención concedida polo Concello, que o tesoureiro refrexará nas contas do 2023.
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

Convocatoria para a asemblea xeral ordinaria

Xoan Mariño - 21/01/2023
Ver noticia

En adxunto, convocatoria para a asemblea xeral ordinaria que terá lugar o próximo sábado, 21 de xaneiro.
 
 
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...


<< Anterior 1 23 4 5 6 7 8 9 10   ... 30 Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574