En adxunto remítovos a invitación para o acto do venres, 10 de xuño no que presentaremos o libro de Francisco Abeijón A illa da Creba. un baldío comunal, por se vos apetece asistir.
O noso socio Manel Monteagudo presenta a próxima semana o seu novo libro no Liceo de Noia. En adxunto remítovos a invitación ao acto, de entrada libre, por se vos apetece asistir.
O próximo sábado, 16 de abril, no noso local social do Cruceiro de Roo, ás 12.30 da mediodía presentaremos o novo número da revista Terra de Outes. Para celebralo, durante a presentación, serviranse uns pinchos que acompañaremos con viño (ou no seu defecto, refresco). Se andades por aquí, estades convidados.
un ano máis a comisión pola Memoria Histórica do Barbanza convaca un acto para commemorar o 14 de abril. Vai ser, de novo, no Confurco (Lousame), ao pé do monumento ás vítimas do franquismo.Se vos interesa, este acto, co que se quere lembrar os valores republicanos e dignificar ás vítimas da represión franquista, vai ser ás 6 da tarde.
Soledad Agra Tuñas, en representación do BNG de Muros-Noia fíxonos chegar unha invitación para unha homenaxe ao poeta Avilés de Taramancos, con ocasión do 30 aniversario do seu pasamento, que esa organización vai realizar o próximo sábado 19 de marzo, no claustro do concello de Noia, de 12 a 13 horas.
Adxunto o programa, por se a alguen de vós lle interesa asistir.