Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 1 ata 6 de 121 elementos

12 3 4 5 6 7 8 9   ... 21 Seguinte >>

Miuiñada XI

Xoan Mariño - 14/10/2020
Ver noticia

Comprácense en convidar a vde. á inauguración da
exposición de fotografías de Suso Xogaina“O portus Apostoli na
ruta xacobea“, acto que terá lugar o mércores, 14 de outubro, ás
7 da tarde na Casa da Cultura de Outes e dará inicio á XI
Muiñada, Xornadas sobre o Camiño de Santiago por Outes, que
se desenvolverán ata o domingo, 18.
 
De seguido terá lugar unha sesión de contacontos a cargo de Quico Cadaval, actor e director de
teatro sobre Historias do Camiño. Ao que seguirá un ágape na cafetería de dito centro para todos
os/as asistentes ao mesmo.
 
 
[...]
      Ler máis...

Vermú Literario

Xoan Mariño - 26/09/2020
Ver noticia

Comprácese en convidar a vde. ao vermú literario que terá lugar o sábado, 26 de setembro, ás 12 da mañá na Casa da Cultura, durante o cal Aurora Marco presentará o seu libro Irmandiñas, mentres degustan un aperitivo os asistentes.

 

 

 Invitación

 

[...]
      Ler máis...

Exposición

Xoan Mariño - 08/08/2020
Ver noticia

Inaguracion da expopsición de acuarelas. Despois uns viños

[...]
      Ler máis...

Nova

Xoan Mariño - 13/07/2020
Ver noticia

Prezados/as socios/as de Terra de Outes:
Este ano, por decisión da maioría da Xunta Directiva desta Asociación, suspéndese a tradicioal churrascada que por estas datas vimos celebrando desde a nosa orixe. Entende a maioría que non resulta prudente reunir a un gran número de persoas nestas circunstancias, nas que aínda persite o risco de contaxio.
Pero, para non faltar a un dos nosos máis serios compromisos, si imos presentar a nosa nova revista, a nº 51 e será o 18 de xullo ás 12 da mediodía na Casa da Cultura da Serra. E para celebralo, tomaremos alí mesmo uns viños (ou refrescos, quen prefira) e uns pinchos.
Espero que nos volvamos ver alí ese día.
Un saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

Nova

Xoan Mariño - 20/04/2020
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
Polas circunstancias actuales de confinamento, non foi posible facer a presentación pública da nosa revista, nin moito menos, durante a sobremesa dunha comilona, como nos gustaría. Sobre todo, sendo como é o nº 50 e fixemos un especial, con máis páxinas (pero non mellor, porque é imposible, como di Wayo).
Así que houbo que facer a presentación de xeito virtual e podedes vela no seguinte enlace:https://youtu.be/hhMhwh2-PVA

Advirto que en exceso longa, pero se non tendes outra cousa que facer, serviravos de entretemento.
A revista vai estar mañá á venda na librería Pimpiniño e o kiosko Vicente, en Outes e martes no estanco Maruxa, en Noia, pero tamén está á vosa disposición na nosa páxina web:  http://www.terradeoutes.com/revista_terra_de_outes.php?&cok=ok&len=2
Ánimo a todos
Xoán Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes
 

 

 

 

 

[...]
      Ler máis...

Acto día da muller

Xoan Mariño - 07/03/2020
Ver noticia

En adxunto, invitación para o acto do próximo sábado día 7.
Xoán mariño
Presidente de Terra de Outes
[...]
      Ler máis...


12 3 4 5 6 7 8 9   ... 21 Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574