Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 85 ata 90 de 100 elementos

<< Anterior 1 ... 7 8 9 10 11 12 13 14 1516 17     Seguinte >>

Esposición de fotografía

Xoan Mariño - 20/06/2015
Ver noticia

Sábado, 20 de xuño ás 12 da mañá, na Casa da Cultura de A Serra inauguración da exposición de fotografía Introvisións, realizada polos alumnos e alumnas do Ciclo de Fotografía do Instituto Virxe do Mar de Noia.

       No acto intervirán Xavier Castro, Director do IES Virxe do Mar e Xoán Xosé Mariño, Presidente da A.C.C. Terra de Outes.

 

[...]
      Ler máis...

Clausura do curso de navegación a vela tradicional

Xoan Mariño - 13/06/2015
Ver noticia

"O sábado 13 de xuño clausurouse o curso de navegación a vela tradicional, que se desenvolveu durante os meses de maio e xuño no Freixo, organizado pola ACC Terra de Outes, en colaboración co Centro Náutico Municipal e a Asociación Mar de Muros.

O curso contou con 21 participantes, tódolos cales pousaron para a posteridade no porto do Freixo, xunto cos seus tres monitores: Alex Pombo, Pape Sacau e Xoaquín Lago"

Foto que, xunto cunha das embarcacións que serviron de práctica para desenvolver a aprendizaxe, envío en arquivo adxunto.

Un cordial saúdo Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Asemblea Xeral EXTRORDINARIA

Xoan Mariño - 09/10/2014

Estimadas socias e socios:

 

 

Pola presente convocámosvos á vindeira Asemblea Xeral EXTRORDINARIA da nosa asociación, que terá lugar o sábado 18 de outubro de 2014, ás 12:00 horas, en primeira convocatoria, e 12:30 horas, en segunda convocatoria. A asemblea terá lugar no noso local social de Outes (lugar de Outes), coa seguinte orde do día:

 

Punto 1º.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

 

Punto 2º.- Elección da nova Xunta Directiva (despois da presentación de candidaturas, que se fará ata ese mesmo día).

 

Unha vez rematada a asemblea, xantaremos alí mesmo unha paella,ás 14:00 horas. Para acudir ao xantar é preciso que confirmedes a vosa asistencia –e digades se ides traer acompañante/s– antes das 22:00 horas do xoves, 16 de outubro, no teléfono 634 416 574 ou no enderezo electrónico terradeoutes@gmail.com . O prezo por persoa estará arredor dos 10 € (menores de 18 metade de prezo e menores de 10 anos 1 €).

 

Se acaso vos fose imposible asistir á comida, pero non tedes impedimento para asistir á presentación do nº 28 da revista Terra de Outes, esta terá lugar despois do xantar, aproximadamente ás 17:00 horas, no mesmo local, onde estades todos/as invitados/as a tomar un café.

 

Despídese atentamente

 

                                                                     O Presidente

 

 

 

                                                                   Xoán Xosé Mariño Reino

[...]
      Ler máis...

VI MUIÑADA

Xoan Mariño - 13/09/2014

VI MUIÑADA
Os días 29, 30 e 31 de agosto celebrouse a VI Muiñada de Terra de Outes, unhas xornadas culturais que que a nosa Asociación ven convocando desde o ano 2007, que nesta ocasión xiraron en torno á botadura de dúas embarcacións tradicionais –un bote de Noia e unha buceta de Muros– doadas a Terra de Outes pola Consellería do Medio Rural e o Mar o pasado mes de agosto.
Así, no Centro Náutico Municipal do Freixo tiveron lugar a inauguración dunha exposición de fotos tomadas durante “O XI encontro de embarcacións tradicionais de Galicia” e varias charlas de temática mariñeira: O patrimonio marítimo galego, a cargo de Víctor Fernández, membro da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial; Os escritores galegos do mar, polo escritor Francisco Fdez. Naval; A formación en carpintaría de ribeira no Estado español, por Enrique Otero, director do Centro de Formación "A Aixola", na que se contruíron as nosas embarcacións; e, por último Os estaleiros de Outes, polo investigador e escritor outense Xan F. García Suárez. 
Realizouse tamén, no cemiterio de Sabardes, un acto de homenaxe ao mariñeiro orixinario de Catasueiro, Manuel Otero, no 70 aniversario da súa morte durante o Desembarco de Normandía.
E, finalmente, culminou esta muiñada, coa botadura de ambas embarcacións, acto ao que asitiron o Presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Manuel G. Sendón, o alcalde de Outes, Carlos L. Crespo e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Fernández, que pronunciaron unhas palabras de ánimo a iniciativas como a nosa. Pola súa parte, Xesús Mato, portavoz da nosa Asociación, ademais de agradecer á Consellería a doación, fixo un chamamento aos veciños de Outes a participar na utilización e disfrute de ámbolos dous barcos. A continuación, as madriñas, unha a propia Directora Xeral e outra, a moza freixana Antía Martínez, en representación do voluntariado que fixo posible o Encontro celebrado o ano pasado neste mesmo porto, procederon a bautizar con viño galego cadansúa embarcación, de nome Támara, a primeira, e Langaño, a segunda, mentres o grupo de Pandereteiras do Freixo, animou musicalmente o acontecemento, tralo cal ambas naves emprenderon a súa singradura, que desexamos sexa longa e feliz.
[...]
      Ler máis...

VI Muiñada

Xoan Mariño - 26/08/2014

Por un descoido imperdonable temos que facer un cambio obrigatoriamente na programación do domingo.
O erro foi non prever o descenso da marea para a hora programada da botadura. En Noia xa sei que a baixamar deixa en seco o leito do mar, pero non me imaxinaba que no Freixo pasase algo parecido. Así que a ceremonia da botadura debémola retrasar ata as 7 da tarde, xunto coa actuación musical.
mándoche o novo programa en arquivo adxunto para facer o cambio na páxina da Asociación
Sinto o trastorno.
[...]
      Ler máis...

Exposición Pepa nieto

Xoán X. Mariño - 14/07/2014
Ver noticia

Fotos da exposición da escultora Pepa Nieto que a Asociación Terra de Outes inaugurou a semana pasada na Casa da Cultura de Outes. No acto interviron o presidente da Asociación, Xoán X. Mariño,  para presentar a esta artista outense, pero residente en Madrid, onde ademais se labrou unha merecida sona como escritora cunha abondante obra poética en castelán. Logo falou o profesor, tamén natural de Outes, José Luis Molinos que fixo un demorado percorrido pola escultura galega, desde as orixes castrexas ata os esculrtores actuais como Leiro ou Emilio Mariño, pasando polo Pórtico da Gloria de Santiago, Gregorio Fernández e os noises Felipe de Castro e Ferreiro, para finalmente referirse ás formas, os contidos e os símbolos que encerran as pezas da nosa poeta-escultora.
Espero que che sirvan para poñer na Páxina de Terra de Outes .
 
Xoán X. Mariño
 
 
[...]
      Ler máis...


<< Anterior 1 ... 7 8 9 10 11 12 13 14 1516 17     Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574