Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 1 ata 6 de 79 elementos

12 3 4 5 6 7 8 9   ... 14 Seguinte >>

Convocatoria churrascada Terra de Outes

Xoan Mariño - 21/07/2018
Ver noticia

En adxunto, convocatoria churrascada Terra de Outes. O prezo por persoa andará entre os 12 e os 15 € (menores de 18 a metade, menores de 14, 3€).
Fixádevos no prazo para apuntarse.

A churrascada vai ter lugar o sábado 21 de xullo na área recreativa que o Liceo de Noia posúe en Ceilán 

PDF

Xoán Mariño

[...]
      Ler máis...

Inaguración monumento

Xoan Mariño - 15/07/2018
Ver noticia

Prezados/as socios/as de Terra de Outes:
Domingo, 15 de xullo, a Comisión pola Memoria Histórica do Babanza inaugura un novo monuento ás vítimas do franquismo no cruce do Confurco (Lousame), lugar emblemático da despiada represión franquista.
Se tendes interese en asistir, o acto terá lugar ás 12.30 da mediodía e contará coa presencia de Juan Carlos Hermida, en representación da CMHB, Xerardo Agrafoxo, historiador, e Mª Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame.
Un saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

IV Curso de navegación a vela en embarcacións tradicionais

Xoan Mariño - 09/06/2018
Ver noticia

IV Curso de navegación a vela en embarcacións tradicionais  

 

[...]
      Ler máis...

Romaría das letras

Xoan Mariño - 17/05/2018
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
A Asociación Barbantia invítannos a participar na súa romaría das Letras que van celebrar mañá no Parque da Cachada de Boiro.
En arquivo adxunto remítovos CARTEL e PROGRAMA DE TODALAS ACTIVIDADES.
Animádevos a acudir.
Un saúdo
Xoán Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

Romaría das letras

 

 

[...]
      Ler máis...

Invitación a participar nas Brigadas deseucaliptizadoras no Monte de Froxán

Xoan Mariño - 21/04/2018
Ver noticia

Prezados socios/as de Terra de Outes:

A Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins e  Verdegaia  mándannos unha invitación a participar nas Brigadas deseucaliptizadoras  unha grande roga e albaroque deseucaliptizador, pois aínda que xa non é época para plantar, sí  se pode machacar eucalipto.

 

 

O próximo día 21 de abril  estas brigadas, lanzan unha iniciativa de voluntariado ambiental, no Monte de Froxán, para machacar manualmente rebrotes de eucalipto nas zonas restauradas grazas ao crowdfunding e noutros hábitats naturais de interese das proximidades. E quérennos convidar a compartir esa xornada con eles

 

A cita é en Froxán [link ao final] ás 10 da mañá e comezarán os traballos ás 10:30. É indispensábel que confirmedes a vosa participación ata, como moi tarde, o día 16 á noite, pois precísase comprar a comida do albaroque para todas e asegurar que teremos suficiente ferramenta para todo o mundo. Agradecen que, se vos anotades, vos comprometades a ir, pois do contrario estarán malgastando comida e recursos.

 

Anuncian o que teñen no alabaroque, por se alguén con restriccións ou preferencias alimentarias precisa traer da casa unha comida distinta (poden encomentar bocatas para veganos se se avisa con tempo):

 

- Empadas de atún

- Tortillas de patacas e vexetais

- Salada rusa

- Rosca, froita, café e insusións

- Auga e viño

 

A xornada será de mañá e tarde, e manterase de calquera xeito en caso de choiva (aínda que é conveniente que se leve roupa e calzado apropiado). Desde a organización fornecerán luvas ademais de ferramenta, aínda que se pode levar a  propia se se prefire. Para apuntarvos, basta con escribir a brigadas@verdegaia.org ou colunasanfins@gmail.com

 

LINK (google maps):

 

Un sáudo

Xoan Mariño

Presidente de Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

Presentación do libro Meirás. Un pazo/un caudillo/un espolio

Xoan Mariño - 14/04/2018
Ver noticia

En adxunto, invitación para a presentación do libro Meirás. Un pazo/un caudillo/un espolio na biblioteca da Casa da Cultura. Ao remate os asistentes están invitados a tomar uns viños e uns pinchos na cafetería, onde se presentará un novo número da revista Terra de Outes, 
Xoán Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes

 

[...]
      Ler máis...


12 3 4 5 6 7 8 9   ... 14 Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574