Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 145 ata 150 de 189 elementos

<< Anterior 1 ... 17 18 19 20 21 22 23 24 2526 27 28 29 30 31 32     Seguinte >>

Exposición antolóxica de esculturas

Xoan Mariño - 30/12/2016
Ver noticia

O venres 30 de decembro ás 8 da tarde a Asociación Terra de Outes inaugura na Casa da Cultura da Serra unha exposición antolóxica de esculturas do artista noiés Emilio Mariño, que se poderá visitar ata o 24 de xaneiro; acto no que intervirán Xoán Mariño, presidente da Asociación organizadora da mostra,  e mailo propio autor, auténtico referente da escultura conceptual da Barbanza.

En arquivo adxunto vai unha imaxe para acompañar. Veña, bo Nadal

Xoán Mariño

[...]
      Ler máis...

Presentación do libro 100 anos da Historia de Outes (1880-1980),

Xoan Mariño - 17/12/2016
Ver noticia

 
En arquivo adxunto envío unha invitación para a presentación do libro 100 anos da Historia de Outes (1880-1980), que terá lugar o vindeiro sábado 17 de decembro na Casa da Cultura de Outes.
Ao remate tomaremos un viño (ou refresco) e uns pinchos para celebrar o acontecemento.
Xoán Mariño
Presidente de Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

Escola de Música Tradicional do Concello de Outes

Xoan Mariño - 11/12/2016
Ver noticia

A sección de Pandeireta e Canto da Escola de Música Tradicional do Concello de Outes convida a todos os membros da Asociación Terra de Outes ao Concerto: "Aires da terra: O legado de Feijoo", ´que terá lugar o próximo dómingo día 11, con motivo dos actos de celebración do 20 aniversario de dita sección. En arquivo adxunto remítovos o cartel coa convocatoria un cordial saúdo.
Xoán Mariño

ACC Terra de Outes

[...]
      Ler máis...

CEA DE NADAL

Xoan Mariño - 10/12/2016
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
O sábado, 17 de decembro, a nosa Asociación vai celebrar a súa tradicional cea de Nadal no restaurante Areal, cun menú de polvo á prancha, churrasco, criollos, postre e café por 25 € por cabeza.
Se estás interesado/a, comunícanos a túa asistencia (e se vas vir acompañado/a) antes das 12 horas do sábado, 10 de decembro.
Se non vos fose posible acudir, recibide, en todo caso, os nosos mellores desexos para o vindeiro ano e que teñades un Feliz Nadal.
Unha afectuosa aperta de:
Xoán X. Mariño.
Presidente da ACC Terra de Outes
 
[...]
      Ler máis...

XI Xornadas Sociosanitarias

Xoan Mariño - 20/10/2016
Ver noticia

Remitimos os actos das XI Xornadas Sociosanitarias programadas para este curso, nas que colabora Terra de Outes.
[...]
      Ler máis...

Presentación candidaturas para a Xunta Directiva

Ramón Blanco - 06/10/2016
Ver noticia

Estimados/as socios/as:

Infórmase a través deste medio que o socio Vicente Abelleira Cambeiro presentou en prazo a súa candidatura para integrarse na Xunta Directiva que saia elixida o sábado, 15 de outubro.

Saúdos cordiais.

 

Ramón Blanco - secretario

[...]
      Ler máis...



Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574