Tal como se informou na pasada asemblea do día 2 de xuño, envíase esta comunicación dando apertura de prazo para solicitar a reserva de tickets para xantar e cear na carpa mariñeira do XIII Encontro.
Para facilitar a xestión, comunicación e a cobertura (pódese cubrir incluso dende un móbil) creouse este FORMULARIO WEB, onde cada colectivo poderá facer a reserva de tickets que necesite, ademais de informar cantos dos seus membros teñen pensado durmir no pavillón do CEIP Isidora Riestra, na zona de A Seca (para ter preparadas colchonetas abondo)
Recordámosvos as condicións que se acordaron na asemblea:
-O custe de cada comida é de 5 €, inclúe dous pratos, postre e bebida. -Poderánse facer reservas de tickets ata o día 25 de xuño ás 24 horas. -As reservas faranse por colectivo, non aceptando reservas por barco nin individuais. -O pago das reservas efectuarase na caseta de información ao retirar os tickets, coa posibilidade de pagar anticipadamente mediante transferencia bancaria (neste caso, data límite de pago o 25 de xuño ás 24 horas. Contactar coa oficina para recibir instrucións ao respecto 986 524 845) -Ao retirar as reservas non se aceptarán modificacións, é dicir, recolleranse e pagaranse tódolos tickets reservados. -O horario de retirada dos tickets será de 10:00-14:30 / 17:00-21:30 de xoves a domingo na caseta de información Aproveitando a comunicación, recórdase tamén que para a retirada de tickets non reservados, deberase indicar o nome da embarcación ou colectivo ao que pertence. Estes tickets poden retirarse no mesmo lugar e horario indicado anteriormente.
AVISO IMPORTANTE: Pode darse a situaciónde que haxa máis asistencia que a programada inicialmente e, polo tanto, que se esgoten os tickets para unha determinada comida. Deste xeito, os participantes que non fixeran reserva, NON TERÁN COMIDA GARANTIDA, polo que animamos á xente a que reserve, ou retire os tickets canto antes unha vez comezado o Encontro.
Para calquera dúbida o aclaración podedes poñervos en contacto coa oficina (986 524 845) ou enviar un correo a secretaria@culturmar.org