Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Nova

     Xoan Mariño      16/04/2016

Prezados socios e socias:
    O próximo sábado 16 de abril, no noso local social do lugar de Outes, a Asociación Terra de Outes organiza unha comida (unha paella cociñada por Xesús Mato) para celebrar a saída da nosa revista nº 34.
     Se desexades acudir debes apuntarvos neste enderezo electrónico ou no teléfono 634416574 antes das 10 da noite do mércores, 13 de abril, indicando se ides asistir con algún acompañante. O precio por persoa vai ser de 10 € aproximadamente (menores de 18 a metade e menores de 14, 3 €).
      Se alguén non pode acudir á comida, pero lle interesa asistir á presentación da revista, esta farase aos postres (5 da tarde aproximadamente) e todos/as  estades invitados/as a tomar un café con nós.
      En todo caso recibide un afectuoso saúdo.
Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574