Fotos da exposición da escultora Pepa Nieto que a Asociación Terra de Outes inaugurou a semana pasada na Casa da Cultura de Outes. No acto interviron o presidente da Asociación, Xoán X. Mariño, para presentar a esta artista outense, pero residente en Madrid, onde ademais se labrou unha merecida sona como escritora cunha abondante obra poética en castelán. Logo falou o profesor, tamén natural de Outes, José Luis Molinos que fixo un demorado percorrido pola escultura galega, desde as orixes castrexas ata os esculrtores actuais como Leiro ou Emilio Mariño, pasando polo Pórtico da Gloria de Santiago, Gregorio Fernández e os noises Felipe de Castro e Ferreiro, para finalmente referirse ás formas, os contidos e os símbolos que encerran as pezas da nosa poeta-escultora.
Espero que che sirvan para poñer na Páxina de Terra de Outes .