Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Xornadas da XII Muiñada

     Xoan Mariño      05/11/2021
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
Mañá venres e pasado sábado continúan as xornadas da XII Muiñada, este ano orientadas á recuperación da casa dos Añón, abandoada e en serio perigo de ruína.
A xornada de mañá consiste nun recital de poemas dos nosos escritores por parte de escolares de Outes, O acto comenzará ás 5 da tarde na Casa da Cultura e será amenizada polas pandereteiras do Tremuzo.
A xornada do sábado celebrarase diante da propia casa dos nosos poetas ás 12 da mañá, coa intervención do noso secretario e escritor Ramón Blanco e estará acompañado das cantareiras da Tajea.
sería comeniente facer ben visible un interese social na recuperación da casa dos nosos poetas, a tal fin rogamos unha presencia multitudinaria de socios e amigos de Terra de Outes e do pobo outense en xeral, para manifestar así que nos preocupa a todos o destino da súa casa.
Un cordial saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574