Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Revista nº54

     Xoan Mariño      28/04/2021
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
 
De novo, polas circunstancias excepcionais que estamos vivindo, non puidemos levar a cabo a presentación da  nosa revista na sobremesa da comida coa que soemos celebrar cada novo número, polo que unha vez máis debemos facelo de xeito virtual.
Se a alguén lle apetece ver a presentación que, nesta ocasión realizou Ramón Blanco, membro do consello de redacción, ou non tén outra cousa que facer no tempo de confinamento, mándovos aquí o enlace onde podedes acceder á gravación que o noso socio Vicente Abelleira, colocou en youtube. O enlace é: https://youtu.be/vJnqC2aRqP8  
 
 
Esta revista está xa á vosa disposición nos lugares habituais de venda da Serra de Outes e Noia. Pero o seu contido tamén estará accesible, para os que non vos poidades desprazar, na nosa páxina WEB: www.terradeoutes.com en canto nos manden o PDF da imprenta na que se imprimiu.
un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente en funcións da ACC Terra de Outes
 
 




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574