Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Campaña de compostaxe

     Xoan Mariño      28/04/2021
Ver noticia

     rezados socios e socias de Terra de Outes:

O concello de Outes pídenos difundir a seguinte información:

Acábase de poñer en marcha unha nova campaña de compostaxe e repartirá entre a veciñanza, de xeito totalmente gratuíto, 175 composteiros.

O prazo de solicitude destes composteiros está xa aberto. A súa entrega realizarase durante as xornadas formativas que terán lugar en xuño-xullo.

As persoas interesadas en facerse cun destes composteiros, poden solicitalo chamando ao ☎ 662 52 36 14  ou enviando un correo electrónico a 💻 alba.quintela@outes.gal, indicando nome e apelidos, enderezo da vivenda onde se vai colocar o composteiro e un teléfono de contacto.

Graciñas pola vosa participación e implicación no coidado do noso medio natural.

 

Anexo así mesmo o cartel elaborado con motivo da campaña que nos remitiu Inés Fusquiños, técnica de Foresin, a empresa que está a desenvolver esta campaña de compostaxe no concello de Outes, e que nos agradece por adiantado o reenvío de toda esta información a quen consideredes que lle poida ser de interese. 

 

Un cordial saúdo,

Xoán Mariño

Presidente en funcións da ACC Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574