Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Bases do concurso de postais e microrrelatos "O noso Nadal"

     Xoan Mariño      02/12/2020
Ver noticia

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes pídenos difundir  as bases do concurso de postais e microrrelatos "O noso Nadal" co que pretenden fomentar o uso da lingua galega e potenciar a creatividade da rapazada.

Desde Terra de Outes animarmos tanto a persoas adultas como aos seus nenos e nenas  a participar deste concurso. Todas as persoas que participen no concurso optarán a algún dos premios que hai preparados, entre os que hai 300€ en xogo para gastar no comercio local. Nas categorías adultas haberá un obsequio só por participar.

En adxunto acompañamos as bases do concurso cuxo prazo de presentación remata o 22 de decembro e os traballos recolleranse na Casa da Cultura da Serra de Outes.

Xoán Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574