Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Nova

     Xoan Mariño      20/04/2020
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
Polas circunstancias actuales de confinamento, non foi posible facer a presentación pública da nosa revista, nin moito menos, durante a sobremesa dunha comilona, como nos gustaría. Sobre todo, sendo como é o nº 50 e fixemos un especial, con máis páxinas (pero non mellor, porque é imposible, como di Wayo).
Así que houbo que facer a presentación de xeito virtual e podedes vela no seguinte enlace:https://youtu.be/hhMhwh2-PVA

Advirto que en exceso longa, pero se non tendes outra cousa que facer, serviravos de entretemento.
A revista vai estar mañá á venda na librería Pimpiniño e o kiosko Vicente, en Outes e martes no estanco Maruxa, en Noia, pero tamén está á vosa disposición na nosa páxina web:  http://www.terradeoutes.com/revista_terra_de_outes.php?&cok=ok&len=2
Ánimo a todos
Xoán Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes
 

 

 

 

 




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574