Prezados socios/as de Terra de Outes:
O próximo día 21 de abril estas brigadas, lanzan unha iniciativa de voluntariado ambiental, no Monte de Froxán, para machacar manualmente rebrotes de eucalipto nas zonas restauradas grazas ao crowdfunding e noutros hábitats naturais de interese das proximidades. E quérennos convidar a compartir esa xornada con eles
A cita é en Froxán [link ao final] ás 10 da mañá e comezarán os traballos ás 10:30. É indispensábel que confirmedes a vosa participación ata, como moi tarde, o día 16 á noite, pois precísase comprar a comida do albaroque para todas e asegurar que teremos suficiente ferramenta para todo o mundo. Agradecen que, se vos anotades, vos comprometades a ir, pois do contrario estarán malgastando comida e recursos.
Anuncian o que teñen no alabaroque, por se alguén con restriccións ou preferencias alimentarias precisa traer da casa unha comida distinta (poden encomentar bocatas para veganos se se avisa con tempo):
- Empadas de atún
- Tortillas de patacas e vexetais
- Salada rusa
- Rosca, froita, café e insusións
- Auga e viño
A xornada será de mañá e tarde, e manterase de calquera xeito en caso de choiva (aínda que é conveniente que se leve roupa e calzado apropiado). Desde a organización fornecerán luvas ademais de ferramenta, aínda que se pode levar a propia se se prefire. Para apuntarvos, basta con escribir a brigadas@verdegaia.org ou colunasanfins@gmail.com
LINK (google maps):
Un sáudo
Xoan Mariño
Presidente de Terra de Outes