Prezados socios e socias de Terra de Outes:
Desde a Comunidade de Conservación de Froxán (Lousame) pídennos un favor:
Este dia 9 comezou o prazo para votar os 14 proxectos pré-seleccionados (dentre 150 de todo o mundo) pola European Outdoor Conservation Association para apoiar iniciativas de conservación da natureza.
Dentre eles, e pola primeira vez, hai un proxecto galego, que non é outro que o de Froxán. Se conseguen gañar, poden (e con eles a nosa Terra) dar un paso de xigante substituindo 20 hectáreas de eucalipto e acadia por árbores frondosas autóctonas e dando continuidade ao seu "crowdfunding."
E escoller o seu proxecto “10,000 native trees for Froxán Community”. Non é necesario rexistrarse e faise en 2 segundos (non fai falta meter o email):
1. Clicar en "Vote Now" ao pe do proxecto de Froxán 2. Marcar "I have read and understand the Terms & Conditions"
3. Facer click en "Cast your vote"
Agradecen moito a nosa axuda para conseguir o máximo número de apoios entre as nosas redes e entre os nosos contactos, pois iso tamén axuda a visibilizar o traballo que veñen facendo entre todas estes últimos meses.